BRILÉ

 

  O  Torneiño  mixto de Brilé "MalaherbaRock", celebrarase o sábado 2 de Xullo, a partir das 16 horas no Torreiro de Matamá(Vigo). 
 Como ven sendo norma, un ano máis, o Torneiño Mixto de Brilé, abrirá una nova edición do X festival Sons da Lameira/MalaherbaRock.
 
Bases:

Participan dous equipos de 6 xogadoras/es cada un. Os equipos serán mixtos, deben estar compostos por un minimo de 2 homes ou dúas mulleres, Cada equipo sitúase nunha parte do centro excepto os capitáns que se poñen no lado contrario ó seu equipo. Cada equipo e o seu capitán lanzan o balón hacia o equipo contrario intentando tocar a un rival ou máis en cualquera parte do corpo, antes de que o balón caia ó chan e dentro do terreo de xogo. Se o balón é recollido sen caer ó chan, o xogador salvase, se lle toca e antes de que caia é recolliido por un compañeiro tamén se salva. No caso de que o balón tocase a dous xogadores do mesmo equipo e despois caíse o chan, os dous resultarían brilados. Os que son alcanzados polo balón (brilados) colocanse no lado do capitán do seu equipo(o capitán iría ó medio xunto o resto do seu equipo). Dende alí teñen unha oportunidade para salvarse, se son capaces de brilar(tocar coa pelota a un xogador do equipo contrario,caendo despois a pelota o chan) ó primeiro tiro, a algún xogador do equipo contrario. Cando brilan a 2 ou máis xogadores nunha mesma xogada, só un deles, ten a opción de salvarse; por norma xeral a oportunidade de salvarse será para o primeiro no que pete a pelota, pudendo cederlle a opción de salvarse ó outro compañeiro brilado na mesma xogada se o considera axeitado. Se conseguen brilar a un contrario, salvanse, voltando para a zona central onde está o seu equipo.
Se o xogador brilado non é capaz de brilar a ningún xogador do outro equipo no primeiro tiro,segue xogando dende alí, durante todo o partido, non podendo voltar ó centro en ningún momento. No caso de que fose o primeiro xogador elimado o que se salva, o capitán colocaríase de novo no seu lugar orixinal, ata que eliminasen a outro membro do seu equipo. No caso de que o balón tocase a dous (ou máis) xogadores do mesmo equipo e despois caíse o chan, os dous resultarían brilados. Gaña o partido o equipo que consiga brilar antes a todos os seus rivales, lembrando que o último brilado ten tamen unha opción de tiro para salvarse e continuar xogando. Rematará o xogo cando o último brilado dun equipo non consiga brilar a ninguén no seu primeiro tiro despois de ser brilado.

 
Xá sabedes, a facer equipos!! podedes irvos apuntando neste enderezo (colectivomalaherba@gmail.com) indicando o nome do equipo,e nome e apelidos, telefono de contacto e/ou mail do capitán (representante do equipo) así como o resto de compoñentes do equipo. Un saúdo a todos!!.




Advertencia legal:
 O Colectivo Cultural Malaherba non se fai responsable dos danos sufridos polos participantes en dita actividade (Torneiño de Brilé do MALAHERBAROCK 2016) , asumindo cada participante a responsabilidade dos posibles danos que poidan ser causados aos mesmos.
Sendo obrigatorio para participar no Torneiño de Brilé do MALAHERBAROCK 2016 ),
 que cada participante asine (Incluíndo nome e DNI) antes de comezar, a súa participación en dita actividade (Torneiño de Brilé do MALAHERBAROCK 2016) o seguinte escrito:
 
 Coñezo e comprendo os riscos derivados da participación na actividade descrita  (Torneiño de Brilé MALAHERBAROCK 2016) , comprometéndome á realización da mesma,  na forma indicada pola persoa integrante da organización e renunciando expresamente a efectuar calquera reclamación futura dos prexuizos que poidan ser ocasionados co obxecto da realización de dita actividade

1 comentario: