BANDAS

 BLASTED MECHANISM

 Se escoitas unha música que pode vir de Marte,da profundidade dos océanos, dunha tribu perdida no corazón de África ou duhna rave nun campamento cíngaro , a bó seguro que essa música só pode vir dos Blasted Mechanism. Nacidos en Lisboa, no ano 1995, da man de Valdjiu e do ex-vocalista

Karkov,  nestes máis de 20 anos de traxectoria, moitos foron os músicos e compañeiros que formaron parte nalgún intre do proxecto da banda, levando o seu concepto de música global  e sen fronteiras , cada  vez máis lonxe. Como parte desta globalidade, a banda mantivo ao longo da súa traxectoria, colaboración de artistas portugueses como Rão Kyao, a Kum'pania Al-gazarra, Gaia Beat e o mestre da guitarra portuguesa António Chaínho  e de fóra de Portugal como o catalán Macaco, os italianos Nidi d'Arac e os indo-britânicos Transglobal Underground. Ao mesmo tempo que a súa música sempre perseguiu atopar o zénit da perfección absoluta,  a súa idea de arte total contribue  (onde entran a escena  as máscaras, os escenarios, as proxeccións de imaxes, a luz...) para conquerir una imaxe única e difícil de esquecer. Unha música e unha imaxe que son,en si mesmas, uhna filosofia de vida, un chamamento "a unha nova era de unión, de paz e de respeto pola Terra". 
 No 1999, despois do lanzamento de varios  Ep. e algún que outro  single , editaban o seu primeiro traballo en formato  longo. chamado "Plasma". No ano 2003 lanzarían ao mercado "Namaste" , no 2005"Avatara", no 2007 "Sound in Light/Light in sound" e no 2009 "Mind at Large". O último traballo dos Blasted Mechanism chmase "EGOTRONIC".


Pincha aquí para ver a web de Blasted Mechanism




DEF CON DOS


 O nome do grupo, fai referencia ao sistema de alertas utilizado polo
Pentágono, onde  DEFCON-2 se utiliza cando se alcanza o nivel inmediatamente inferior ao máximo.




 Nos derradeiros coletazos da década dos 80,comezos do ano 90 e a medio camiño entre Madrid e Vigo, influenciados por bandas coma Beasty Boys ou Public Enemy estabase xestando DEF CON DOS.
  Neses comenzos, a banda rapeaba sobre bases instrumentais de Hip Hop preparadas por Julián Hernández de Siniestro Total. Eran tempos de "Primer Asalto", primeiro traballo da banda.
Despois do " segundo asalto",  "tercer asalto" e de "Armas pal pueblo", en 1995 a banda publicaba "Alzeimer", onde o son da banda evolucionaba ata un son cercano o rap punk metal que tería continuidade nos seguintes traballos.


Esa época foi a época despegue definitivo da banda, na que tivo moito que ver Alex de la Iglesia, co que colaboraron poñendolle música, aos temas centrais de dúas das súas películas,"Acción Mutante" (1993) e sobre todo "El día de la Bestia"(1996) que aumentaría en dosis inimaxinables a popularidade da banda.
Despois virían "Ultramemia" e "De poca madre", onde confirmarían a consolidación do su estilo, mixtura de rapeo a tres voces, guitarras metal e bases de hip-hop, ao mesmo tempo que irían aumentando o número de seguidores o que lles levaría a facer xira europea e americana.





 A banda separouse temporalmente en 1999, deixando o recopilatorio Dogmatofobia".
 Tras uns anos de silencio, voltaron en 2004 co disco Recargando.
  No 2006. editaron 6 dementes contra el mundo, disco en directo recopilatorio de súa carreira.
  No 2009 publicaban "Hipotecate tú"e no 2010 celebraban o seu XX Aniversario sobre os escenarios con un BOX DEF, titulado "La culpa de todo la tiene DEF CON DOS" , onde se confirmaron como un grupo ao que a veteranía non lle ha restou frescura, inxenio e capacidade de renovación.

 O último traballo publicado "España es idiota" veía a luz no 2013.
No 2014, para celebrar o 25 aniversario de “PRIMER ASALTO” (Demo 1989) de DEF CON DOS; Peón Kurtz, J. Al Ándalus e Strawberry, estrean un novo formato co que repasar os temas máis antigos de DEF, que non teñen cabida no repertorio eléctrico actual da banda, así como outros da súa faceta más hiphopera que non acostumaron  interpretalos nos seus directos, ata agora.
 
  No 2016, voltan ao directo en formato banda, cunha xira que lle fan chamar, "ALZHEIMER PAL PUEBLO", onde repasan os seus discos  máis emblemáticos, ALZHEIMER e ARMAS PAL PUEBLO.









Pincha aquí para visitar a web de Def Con Dos








APHONNIC

A formación incial de Aphonnic, composta por Chechu,Alén,Richy, Felipe e Iván, publicaban no 2003 "Silennce", o primeiro traballo desta banda viguesa, que xá dende os seus comezos navegou entre o rock e o metal máis moderno. Nese primeiro traballo, nas letras dos seus temas predominaría o inglés. Ese predominio da lingua de Shakespeare prolongaríase tamén en "Foolprof", o segundo traballo da banda , que se publicaba no 2006. Co único troco repecto a formación inicial de Iago, que remplazaba a Iván nunha das guitarras, este segundo traballo supoña a confirmación das expectativas creadas co seu albume de debut.

No 2009, lanzaban o mercado "6 bajo par", o seu primeiro disco 100% en castelán. Cunha producción impecable, un son potente e a variedade que podemos atopar nos once temas que incluía este tercer traballo, atopamonos cun novo paso ao frente da banda viguesa.

A finais do 2013 agasallabannos con “Héroes” . Once temas, onde agresividad e melodía dan vida, corpo e alma a un sentimento capaz de deixar pegada en nós. Arrancaban xá, meses antes, cunha campaña de crowfounding que non só lles permitiu conseguir a financiación desexada, senon que suposo  un impulso supoñemos que ánimico (en pouco tempo superaron con moito o obxetivo, o que refrendaba o apoio dos seus seguidores) e técnico, xá que o aopoio económico permitiu un empuxóncillo que moveu ao agora cuarteto(Felipe deixaba a banda a mediados de 2013) a contar cunha producción de luxo, a cargo de Vasco Ramos (More than a thousand, Hills Have Eyes) e Dani Obenza nos prestixiosos estudios Poison Apple de Lisboa, mixturado e maxterizado por Paul Leavit (Circa Survive, All time low, Darkest hour) . Os anos 2014 e 2015, sucederonse os concertos da banda, cunha increíble acollida por parte do público que asstía aos seus concertos, cada vez máis numeroso.
     No 2016, co bò sabor de boca que lle deixou, a campaña de crowfounding de "HEROES", animanse a lanzar una nova campaña para o que vai ser o seu quinto traballo "INDOMABLES". Como non podía ser doutro xeito, a campaña foi todo un éxito.
 



Pincha aquí, para visitar a web de Aphonnic




ULTRÄQÄNS




Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.
 
Ulträqäns nace nun piso, que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.
Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.
Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.
Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.
Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.
Que o desfruten. Chipirixouba!

 



OS NOVOS


   Son unha nova banda compostelá, que eles mesmos a definiron no intre da presentación  de "Nom lugar"(o primeiro traballo de Os novos, a finais do 2014) como"umha besta tricéfala que fai música para escuitar com os punhos fechados, com raiva, fazendo força até esmagar os dedos, rinchando nos dentes e maldizendo baixo um céu cinzento sempre a piques de esboroar-se" 
 
 Nom Lugar chegaba da man de Lixo Urbano, con sete temas cheos de carraxe, xogos vocais e guitarras de grande potencia nos que o trío amosa claramente a súa bagaxe punk-rock. Segundo explica o grupo na súa presentación, o grupo é o álbum, gravado nos Estudios Soyuz e que contou coa produción de Mike Mariconda en Sonic Boom Room.

Pinchar aquí para ir ao facebook de Os Novos


 

O LEO


 A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'
A Factoría Teatro e Vendettta Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda a Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo). No 2009 colaborou no proxecto de acción poética
 "A Revolta das Letras", celebrado o
Día 
 das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
 Nós últimos anos, multiplicouse a súa presenza en festivais ou salas de toda Galiza.
 Forma parte doutros proxectos musicais, como
Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).



  Pincha aquí, para visitar o blogue de Leo


IGMIG


Grandes dosis de postpunk, funk, rock progresivo, electro e techno

  Enormes dosis de interación co público e moito humor, por parte de Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), un trio vigués difícil de encadrar nun sólo estilo.


Pinchar aquí para ir ao facebook de IGMIG


POETARRAS
 
 Grupo musical e cómico galego, creado no 2013. Está formado polo cangueses Manuel Gago e Rubén Lino, polo bueués Pablo Lamosa e o amesán Daniel Vilaverde. Acadaron sona a través de vídeos publicados na súa conta de YouTube nos cales fan covers humorísticos de cancións como "Roar" de Katy Perry, "Let It Be" de The Beatles ou "Hasta siempre, comandante" de Carlos Puebla.

Tamén fan sketchs cómicos que escriben, dirixen e interpretan eles mesmos. No 2014, gañaron o premio á mellor serie web en lingua galega no festival "Carballo Interplay".
 No 2015 participaron en festivais como o Revenidas, ou nos magostos populares da organización Galiza Nova realizados en diversas localidades galegas.

Pincha aquí para ir ao facebook de Poetarras


No hay comentarios:

Publicar un comentario